Correos finalmente admite o selo Lois Pereiro

Xosé Manuel Pereiro: “Quería agasallar ao comezo do Ano Lois Pereiro a amigos e non inimigos usando nos meus envíos postais selos persoalizados coa imaxe de Lois, unha opción que ofrece Correos (cobrando 1 euro por cada selo de 0,34 cent).

O resultado era este.

O selo veume rexeitado porque “El pedido no cumple las condiciones de validación”. [Ler máis en si home si]

“O irmán de Lois fixo este pedido o 31 de decembro, ese mesmo día foi rexeitado e Pereiro publicou a través do seu blog a decisión de Correos. O interese por este feito estendeuse polas redes sociais e o mesmo día 31 produciuse unha primeira rectificación de Correos. “A través do Twitter de Antón Losada, Correos sinalaba que non sabía exactamente que pasou. Tamén tiven un comentario ao respecto no meu blog”, sinala Pereiro. Onte, Pereiro recibiu por parte de Correos un mail no que se recoñecía “un erro na validación da imaxe” e aceptábase a petición do selo. “Pedirei os suficientes para mandalos a persoas como Calveiro, Losada ou Xabier DoCampo, que se preocuparon por isto”, sinala Pereiro.” [ Vía Correos admite o seu “erro” e emitirá un selo personalizado coa imaxe do poeta Lois Pereiro – Xornal de Galicia].

Os comentarios están pechados.