“O poeta contra o abismo”, por Daniel Salgado

Por dentro da ambientación punk, a retórica rock&roll e a imaxe suburbana, habitaba un existencialista. O poeta do seu tempo máis achegado a Rosalía de Castro -a definición é de Manuel María- escribía contra os abismos e contra a enfermidade da vida moderna, revolvíase no corazón da xungla de asfalto, resistíase a certas operacións barrocas da súa xeración. “Xa teño dito que o problema da literatura galega é que é unha literatura demasiado profesoral e iso impide que se entronque coa vida”, contaba Lois Pereiro a Ana Romaní en 1995, meses antes de morrer. Tampouco non era partidario de renunciar aos horizontes de emancipación. […] (Vía ELPAÍS.com)

Os comentarios están pechados.