Convocatorias

4 de marzo – Estrea de Mundo Lois en Vigo. 22:00 h.,  no Auditorio Municipal.

20 de marzoVento Lois. Acto cívico poético na Coruña. Concentración ás 12:00 h. en María Pita, saída en comitiva con pancartas e lemas ata o Teatro Rosalía, onde, desde o patio de butacas, tanto o público como escritores lerán poemas de Lois ou sobre Lois. Ampliaremos información, porque haberá un manifesto de Rivas e un cartel de Pepe Barro.

31 de marzo – Noite Loispereirística na Sala Nasa: un tributo poético e rockeiro a Lois Pereiro, que tamén foi veciño ocasional de Compostela. Participarán: Ondas Martenot, Das Kapital, Manu Clavijo (acompañado de baixista e baterista), ademais de Manolo Cortés, Xabier Ron, Xurxo… para facer de animadores do choio. Aproveitaremos para presentar novas edicións sobre a obra de Lois. (Ler máis en Rede Nasa).

1 de abril – Na Casa da Cultura de Monforte ás 20:00: inauguración da exposición “Lois Pereiro. Camiño do futuro libremente”. Unha mostra interactiva de fotos, vídeos e músicas na que a xente pode indentificar as persoas que aparecen nas fotos e os lugares, mais tamén deixaren nalgúns paneis mensaxes post-it para Lois. Para o Lois amigo, para o Lois poeta… para o Lois veciño.

7 de abril – Mundo Lois, un espectáculo escénico ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, co que se pretende difundir a través da imaxe a obra de Lois Pereiro.

9 de abril – Actuación de Ondas Martenot no Pub Mirinda de Porriño.

19 de abril (até o 17 de maio) – Exposición Desembarco dos 80. Cando A Coruña foi postmoderna (Homenaxe a Lois Pereiro), na Sala de Exposicións do Palacio Municipal do Concello da Coruña.

22 de abril – Actuación de Ondas Martenot na Rebusca de Manzaneda.

28 de abril – Xornadas da AS-PG.

28 de abril Mundo Lois no Edificio Multiusos de Monforte.

28 de abril Pereiro: mensaxe de vida e furia, por Catalizador (proxecto cultural galegocatalán do CG\B) ás 20:00 h. no Centro Galego de Barcelona (Rambla Caputxins, 35-37). Homenaxe de trinta e catro artistas de etnias e culturas distintas a Lois Pereiro.

29 de abril Debullando a Lois Pereiro. A vida, a imaxe e o son., por Xosé Manuel Pereiro, Manuel Rivas e Manu Clavijo, no marco das XXI Xornadas de Lingua e Literatura, organizadas pola CIG-Ensino e a AS-PG, ás 17:00 h. en Santiago de Compostela.

30 de abril – Lois volve ao Incio. Roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veraos de neno Lois. Haberá música, parada para ler e un xantar posterior. A partir das 11:30 h. Toda a información aquí.

30 de abril – En Lugo, concerto de Ondas Martenot confirmado, para Causa Galiza.

4 de maio – Presentación de A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, na Feira do Libro de Santiago (Parque da Alameda) ás 20:00 h., coa participación do autor, Carlos Lema e Xosé Manuel Pereiro.

6 de maio – Charla-coloquio de Antón Lopo sobre a vida e a obra de Lois Pereiro con estudantes de terceiro e cuarto curso de ESO dos institutos de Monforte, ás 12:00 horas no Edificio Multiusos de Monforte. Organizado polo Concello de Monforte.

6 de maio – Presentación do ‘Dicionario’ Lois Pereiro, de María Xesús Nogueira, na Feira do Libro de Santiago (Parque da Alameda) ás 20:00 h., coa participación da autora, Xosé Manuel Pereiro, Antonio Puentes Chao e a actuación musical de Modesto Refojo, Pipo.

7 de maio – Actuación de Ondas Martenot na Asociación de Veciños de Naraío.

8 de maio – Adianto do VENTO LOIS, ás 17:00 h., no Petón do Monte Xalo, coa participación de Estibaliz Espinosa, Miguel Mato, Ramón Vilar, Samuel Paris e quen se queira sumar. Terá lugar a lectura do Manifesto Loisista e posteriormente un recital poético. Organizado pola Asociación Cultural Lucerna, de Cerceda.

9 de maio – Conferencia no Club Faro. Con Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, Marcos Calveiro e Xosé Manuel Pereiro. 20:00 horas.

10 de maio – Xornada de Encontros cos amigos de Lois. Con Antón Patiño, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas. 11:30 horas no Edificio Multiusos de Monforte.

10 de maio – Na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, ás 20:00 horas, Iago Martínez presentará o seu libro Lois Pereiro. Vida e obra, e o guionista e director Alexandre Cancelo falará do documental Contra a morte. Unha aproximación a Lois Pereiro, que escribiu e dirixiu xunto a Iago Martínez.

10 de maio – Na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, ás 20:00 horas, Mercedes Queixas presenta o seu libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, con Francisco Pillado e Xurxo Souto.

10 de maio – Presentación do libro Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, de Miguel Mato, publicado en Laiovento. No acto o autor estará acompañado por Xavier Seoane e Roberto Catoira, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña a partir das 20:30 h.

Do 10 ao 29 de maio – Exposición bio-bibliográfica sobre Lois Pereiro no Museo do Pobo, con fondos propios da biblioteca do Museo, escritos orixinais cedidos polo seu irmán Xosé Manuel Pereiro, e diferentes publicacións achegadas polos socios para completar o panorama bio-literario do homenaxeado.

11 de maio – Conferencia de Anxo Quintela, e presentación da Obra completa en galego-castelán de Lois Pereiro ás 19:30 h., na Facultat de Filologia da Universitat de Barcelona (Edificio Histórico, Aula 105, Gran Via de les Corts Catalanes, 585). Do 10 ao 18 estará aberta a exposición bibliográfica: Di-versos, ou a poesía entre o fanzine e o punk. Lois Pereiro, Manuel Rivas, Rompente…. Organiza o Seminario de Estudos Galegos e Portugueses.

11 de maio – Conferencia de Manuel Rivas sobre Lois Pereiro na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, ás 20:00 horas, organizada pola A. C. O Facho. Ás 20:30 horas, no Forum Metropolitano da mesma cidade, Gala homenaxe a Lois cun recital de compañeiros seus no grupo De amor e desamor e un concerto de Manu Clavijo.

12 de maio – Vento Lois: evento expansivo (ver actualizacións en portada).

Do 12 de maio ao 26 de xuñoLois Pereiro. Lírica Punk, exposición no Verbum de Vigo (Avenida de Samil, 17).

13 de maio – A partir das 11:30 horas, no monte do Galiñeiro en Gondomar, as palabras de Lois Pereiro resoarán no Val Miñor nas voces e na música do alumnado do IES Terra de Turonio de Gondomar.

13 de maio – Relatorio de Marcos Calveiro: Lois Pereiro, náufrago do paraíso, ás 20:00 h., na Casa da Cultura de Redondela (Praza Figueroa, s/n).

13 de maio – Na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4) de Lugo, ás 20:00 horas, presentación do libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos. Tras a presentación terá lugar un recital por parte dos poetas colaboradores no volume.

13 de maio – O Concello de Ponteareas homenaxea a Lois ás 20:30 horas, no salón de plenos da Casa do Concello, cun recital poético-musical dramatizado baixo o título Náufragos do Paraíso, a cargo de María Inés Cuadrado e Xocas Meijide.

13 de maio – Dentro das actividades da Festa do Libro da Coruña, ás  18:00 horas, presentación do DVD Lois Pereiro realizado polo alumnado do IES Urbano Lugrís e coordinado por Xulia Rodríguez Abella, no Kiosco Alfonso; e ás 20:00 horas, no mesmo emprazamento, presentación do libro de Antón Patiño Lois Pereiro. Radiografía do abismo, publicado en Espiral Maior. Conferencia do autor e proxección de imaxes sobre a figura de Lois Pereiro. Intervirá tamén Miguel Anxo Fernán-Vello.

13 de maio – Presentación do libro Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo, de Mercedes Queixas, acompañada por Francisco Pillado, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, ás 20:30 horas. Ás 18:00 h., na caseta das Bibliotecas Municipais da Festa do Libro, asinará exemplares desta obra. Na mesma cidade, ás 20:00 horas, na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés, Iago Martínez pronuncia a conferencia Contrasinal: LP, acompañado por Xabier P. DoCampo; e, no Festival músico-máxico que se celebrará ás 21:00 horas no Fórum Metropolitano, farase unha semblanza da figura de Lois.

13 de maio – No Edificio do Arquivo de Betanzos, ás 20:30 horas, conferencia Coñecendo a Lois, con Miguel Mato, Manuel Rivas e Xulio Valcárcel, organizada pola A. C. Eira Vella.

13 de maio – Concerto do tecido asociativo-cultural lucense en homenaxe a Lois Pereiro no Teleclube de Bretoña (A Pastoriza) desde as 21:00 h. Con Ondas Martenot, García MC, Richi dos Rastreros, Xermán dos Escornabois, Xurxo Souto, Xabier Cordal e Antón Losada.

14 de maio – Ás 12:00 AM proponse a lectura dun poema de Lois pola megafonía das caixas dos supermercados de Gadis nas principais cidades galegas (Gadisa foi o único grupo alimentario establecido en Galicia que aceptou colaborar tras ser formalmente convidado). Máis información no grupo público en facebook.

14 de maio – Maratón de lectura de textos de Lois Pereiro en Monforte: 12:00 a 24:00. horas, na Praza de España (poemas e música). Con De 14:00 a 17:00 h. lerán textos alumnos do CEIP Luis Pimentel “Triscos” de Lugo na Casa da Cultura de Monforte.

14 de maio – Presentación do Dicionario Lois Pereiro, de María Xesús Nogueira, na Casa da Cultura de Serra de Outes, ás 19:00 horas, coa presenza de Ramón Blanco Fernández, Xoán X. Mariño Reino, X. Amancio Liñares Giraut e a propia autora.

14 de maio – Concerto de Manu Clavijo en homenaxe a Lois ás 19:30 h. no FNAC (Praza de Lugo, s/n.) da Coruña.

14 de maio – Concerto de Ondas Martenot no Parque de Santa Margarida da Coruña, ás 21:00 horas, xunto a Os Tres Trebóns e Skacha,  organizado pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística do Concello da Coruña, dentro da súa campaña O galego medra contigo!.

15 de maio – Dentro das actividades da Festa do Libro da Coruña, presentación de “Agullas de ironía”, documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso a partir das 12:30 horas.

16 de maio – Actuación de Ondas Martenot en Ourense.

16 de maio – Roteiro poético por Ourense en homenaxe a Lois, organizado conxuntamente pola Agrupación Cultural Auriense e Galiza Nova. Percorreranse, a partir das 19:00 h. a Praza do Ferro, Praza dos Eironciños, Praza Maior e Praza da Imprenta, acompañados pola música dos PerQtores, rematando ás 21:45 h. no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor, 11), coa actuación de Roberto Sobrado e banda.

16 de maio – Recital comentado de textos de Lois Arestas do lampo, na voz de compañeiros e compañeiras poetas da xeración dos 80 (sentimental_ISMO Vangarda Artística das Letras), á que el pertenceu. A partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal. Organizado pola Biblioteca Municipal do Saviñao.

16 de maio – Na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Rúa Martínez Garrido, 21) de Vigo, ás 19:00 horas, lectura pública da biografía de Lois Pereiro na que participarán todas aquelas persoas que queiran acercarse á biblioteca. Logo Olga Patiño levará a cabo un recital poético-visual no que presentará algúns dos poemas máis relevantes de Lois Pereiro, acompañada por Francisco Fernández Naval e a fotógrafa Maribel Longueira.

Do 16 ao 31 de maio – Mostra Lois Pereiro. Camiño do futuro libremente na Casa da Cultura de Monforte de Lemos.

Do 16 ao 22 de maio – O Centro Comercial Aberto de Padrón desenvolve unha campaña de promoción das Letras Galegas, na que os clientes poden participar nunha ruta poética polos distintos comercios onde se poderán atopar poemas de Pereiro.

17 de maio – A Real Academia Galega celebra un plenario extraordinario no salón de actos da Casa da Cultura de Monforte, a partir das 12:15 horas, coa intervención de, entre outras voces,  Margarita Ledo, Manuel Rivas, Darío Xohán Cabana, Antón Santamarina, Luz Pozo Garza e Xosé Luís Méndez Ferrín, lembrando a figura de Lois para así “glorificar unha persoa do presente”.

17 de maio – No Verbum (Avenida de Samil, 17) de Vigo, das 10:00 ás 19:00 horas,  gravación dun texto-poema de Lois por todo o público interesado, e, a partir das 19:00 horas, Poesía Última de Lois Pereiro, de Fantoches Baj, espectáculo de teatro de obxectos con música en directo baseado en textos de Lois.

17 de maio – Programa especial de “La voz en espiral”, de Radio Forum, en Mérida, dirixido polos galegos Mª Paz Paz e Suso Díaz, que neste día, entre as 18:00 e as 19:00 horas, emitirán un especial coas gravacións realizadas sobre Lois  a Xosé Manuel Pereiro, Xosé Luís Méndez Ferrín e Antón Patiño (por suposto, en galego).

17 de maio – No Centro de Estudos Galegos de Leipzig (Alemaña) realizarase unha lectura de poemas de Lois, que comentarán e analizarán posteriormente, así como unha audición da súa obra musicada. Ás 19:00 horas no departamento de Tradución e Lingüística Aplicada da Universidade de Leipzig.

17 de maio – Na sede do Instituto Cervantes en Tokio, abrirase a actuación do colectivo artístico Tender a man, integrado polos músicos Isaac Garabatos e Jesús Andrés Tejada, a cantante Mónica de Nut, a bailarina Branca Novoneyra e a poeta Yolanda Castaño, cunha interpretación de textos de Lois Pereiro, continuando despois co repertorio propio do grupo.

17 de maio – Na sede do Instituto Cervantes de Estambul, especial do Día das Letras Galegas, coa ponencia de Antonio Ramos sobre a literatura galega contemporánea, a proxección de As armas da paixón, un recital poético de Lois en galego e en turco, e, para finalizar, unha queimada.

17 de maio – Na torre máis alta de Oxford lerase o Manifesto Loisista e poemas de Lois, nun acto celebrado polo Centro de Estudos Galegos.

17 de maio – Na Feira do Libro de Lugo (Praza Maior), ás 18:30 horas, recital Poetas de Lugo arredor de Lois Pereiro, coa participación de Marica Campo, Xosé Miranda, Manuel Xosé Neira, Isidro Novo, Xerardo Quintiá e Xavier Rodríguez Barrio.

17 de maio – No Verbum de Vigo (Avenida de Samil, 17), ás 19:00 horas, terá lugar a representación do espectáculo multiartístico Poesía última de Lois Pereiro (teatro de obxectos, música e poesía de Lois en directo) da compañía ‘Fantoches Baj’. E durante todo o día, de 10:00 a 19:00 horas, tódolos visitantes do museo poderán deixar unha gravación audiovisual dos poemas de Lois Pereiro.

17 de maio – Na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, ás 19:30 horas, presentación do libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos.

17 de maio – A partir das 20:00 horas, o Lectorado de Galego da Freie Universität de Berlín realizará na Vineria Carvalho (Heinrich-Roller-Str. 9, 10405 Berlin) un primeiro encontro galego co gallo das Letras Galegas en honra de Lois Pereiro. Neste encontro farase un repaso pola vida do autor e leranse algúns dos poemas do mesmo.

17 de maio – Dentro das actividades da Festa do Libro da Coruña,  presentación de Declaración audiovisual: Lois Pereiro, documental de Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso a partir das 20:00 horas.

17 de maio – No Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán) da Coruña, ás 20:00 horas, presentación dos proxectos: o exercicio escénico e performático titulado Corporal (je t’aime), de Carlos Neira e Antía Otero, partindo de textos de Lois, e a proxección de fragmentos do documental Contra a morte, de Iago Martínez e Alexandre Cancelo.

17 de maio Mundo Lois no Salón Teatro de Santiago de Compostela, ás 21:00 horas.

18 de maio – Proxección do proxecto virtual As novas tecnoloxías con Lois Pereiro, na Aula de informática municipal de Touro a partir das 16:30 horas.

18 de maio – Na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Vigo (Gran Vía, 25), ás 20:00 horas, Iago Martínez pronuncia a conferencia Contrasinal: LP, acompañado por Marcos Calveiro.

18 de maio – No Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán) da Coruña, ás 20:30 horas, representación de Mundo Lois.

19 de maio – No Círculo de Bellas Artes de Madrid, ás 19:30 horas, terá lugar unha mesa redonda titulada Lois Pereiro: Nas libres coordenadas do futuro, que reunirá a Alfonso Armada, Fermín Bouza, Mercedes Monmany, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro.

19 de maioHomenaxe a Lois Pereiro, con presentación de Xurxo Souto e Lino Braxe, e concerto de Manu Clavijo. Ás 20:00 h., no Auditorio Multiusos da Xunqueira de Redondela.

19 de maio – Conferencia Contrasinal: Lois Pereiro, a cargo de Iago Martínez, no Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago, a partir das 20:00 horas.

20 de maioUnha tarde con Lois Pereiro. Mercedes Queixas, autora do libro Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo falará sobre a obra e vida do autor. Concerto de Manu Clavijo con poemas musicados de Lois. Na Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 2º andar) da Coruña, ás 20:00 h.

20 de maio – O Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, celebra dous actos en Madrid. Ás 11:30 horas, presentación do libro Conversa Ultramarina, por Paco Macías, editor de Lois Pereiro en Positivas e Piedad Cabo, case con toda certeza no Paraninfo de Filoloxía da Universidade. Ás 18:00 h. performance recital itinerante polo Madrid de Lois Pereiro. Saída da EOI Jesús Maestro.

21 de maio – Edición especial do programa literario de Radio Obradoiro, O Sombreiro de Merlín, entre as 12:00 e as 13:00 horas, sobre a figura de Lois, coa presentación do libro O negro leite da aurora, e a emisión de gravacións con recitados de poemas de Lois Pereiro por parte de Antón Cortizas e Xurxo Souto, máis unha entrevista con este último sobre os actos do Vento Lois.

21 de maioHomenaxe a Lois Pereiro na Festa das Letras Galegas de ‘Galicia en Madrid’. A partir das 19:00 h., no Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés (Madrid): presentación de Lois Patiño, lectura pública, dramatización de Alfonso Armada, lectura de Xosé Manuel Pereiro, música a cargo de Manu Clavijo e O Leo, e proxección de imaxes.

23 de maioPoesía última de Lois Pereiro, espectáculo multiartístico (teatro de obxectos, música e poesía de Lois en directo) da compañía ‘Fantoches Baj’, a partir das 22:30 h. no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34) de Santiago.

23 de maio – Charla Achegándonos a Lois Pereiro, a partir das 18:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Elviña) da Universidade da Coruña, con María do Cebreiro e Manuel Rivas.

24 de maio – Na Libraría Orfeu de Bruxelas, nun acto organizado polo Couto Mixto, terá lugar  un recital de poemas de e para Lois por Xavier Queipo, tras unha conferencia de Francisco Castro, que comezará ás 19:00 h.

28 de maio – Na Casa Cultural de Moeiros (Paraños, O Covelo), ás 17:00 horas, terá lugar unha charla de Xosé Manuel Pereiro sobre a figura de Lois, presentado por Manuel M. Barreiro. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Servando Barreiro.

30 de maio – Presentación de A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, na Casa da Cultura de Monforte, ás 20:00 h.

1 de xuño – Presentación de A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, na Biblioteca de Poesía “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), ás 20:00 horas.

3 de xuño – Presentación do libro-cd Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro na FNAC (Praza de Lugo, s/n.) da Coruña, ás 19:30 horas.

3 de xuño – Presentación de Lois Pereiro, seguindo os surcos, de Mr. Misto Films na Casa da Cultura de Monforte, ás 20:00 horas.

Do 3 ao 20 de xuño – Pantalla interactiva de Lois na Biblioteca Nodal de Ourense.

14 de xuñoLois Pereiro ao vivo, homenaxe a Lois da Asociación Cultural O Castro de Vigo, na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) de Vigo, a partir das 20:00 horas.

16 de xuño – Presentación de Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago, ás 19:00 horas, con Francisco Macías e Txiki Calvo.

22 de xuño – Inauguración da pantalla interactiva de Lois na Biblioteca Nodal Miguel González Garcés da Coruña, ás 12:30 horas. A exposición estará aberta até o 9 de xullo.

23 de xuño – Presentación de Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, no Bar Patachim (Beiramar, 16) da Coruña, a partir das 22:00 horas, coa posterior participación de Ataque Escampe, David Pobra, Arsenio Iglesias Pazos, Haizea Barzenilla, Fayez Khalaf e Andrea Nunes Brións, nun recital poético e musical en homenaxe a Lois.

8 de xullo – Na Feira do Libro de Vigo, a partir das 19:30 horas, Acto Lois Pereiro: mesa redonda con Jacobo Fernández Serrano, Anxo Angueira, Marcos Calveiro, Xosé Manuel Pereiro e Fran Alonso.

Do 14 ao 29 de xullo – Pantalla interactiva de Lois na Biblioteca Nodal de Pontevedra.

15 de xullo – Na Casa de Rosalía de Castro, a partir das 20:30 horas, e dentro da festa do 126 aniversario do pasamento de Rosalía, terá lugar unha lembranza a Lois, a cargo de Anxo Angueira.

Do 20 de xullo ao 25 de setembro – Na Fundación Luís Seoane da Coruña, exposición Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro, comisariada por Antón Patiño. Con visualización dos poemas de Lois a través de recursos tipográficos, un repaso polos retratos fotográficos de compañeiros de xeración e outras obras gráficas.

Do 1 ao 31 de agosto – Pantalla interactiva de Lois na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.

12 de agosto – No marco de Viñetas desde o Atlántico (Xardíns de Méndez Núñez), na Coruña, preséntase Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, a partir das 13:00 horas.

24 de agosto – Dentro da Feira do Libro de Monforte (Rúa Cardeal, s/n.), a partir das 20:30 h., mesa redonda sobre Lois coa participación de Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado, Jacobo Fernández Serrano, Iago Martínez e Marcos Calveiro.

Do 1 de setembro a finais de decembro – No Museo do Pazo de Tor (Monforte), estará aberta a expo-instalación Pinturas de Amor e Enfermidade, de Alberto Granada.

24 de setembroNa A. C. Bou Eva (Rúa Terzo de Fóra, 11), inauguración da exposición de obra plástica de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na obra de Lois. Posteriormente terá lugar un recital de poesía e un concerto do Leo i Arremecághona!.

Do 29 de setembro ao 29 de outubro – Pantalla interactiva de Lois na Biblioteca Pública Central de Vigo.

8 de outubro – Jacobo Fernández Serrano presenta Lois Pereiro. Breve encontro na Librería Banda Deseñada (Rúa Cataluña 27, baixo) de Vigo, ás 18:30 horas.

14 de outubro – Presentación de Collected Poems de Lois, no marco da Feira do Libro de Frankfurt.

22 de outubro – Actuación de Ondas Martenot no Grelo Folc 2011, a partir das 22:00 horas, no Mosteiro de Monfero.

1 de novembro – O Concello de Lugo difunde 4000 tarxetas cun poema de Lois (Somentes / intentaba conseguir / deixar na terra / algo de min que me sobrevivise) coa intención de concienciar sobre o uso da lingua galega nos cemiterios.

2 de novembro – Charla sobre Lois a cargo de Antón Lopo, no salón de actos da Deputación de Lugo, a partir das 20:00 horas.

3 de novembroAs Músicas de Lois Pereiro, concerto organizado pola A. C. Cultura do País, coa participación de Manu Clavijo e Ondas Martenot. No Clube Clavicémbalo (Rúa Paxariñas, 23) de Lugo a partir das 23:00 horas.

3, 4 e 5 de novembro – Marcos Calveiro ofrecerá tres conferencias sobre Lois nos Centros de Estudos Galegos das Universidades de Tubinga e Heidelberg e a Universidade Libre de Berlín.

8 de novembro – Dentro do Tour de Lecturas do Oeste, na Normal (Paseo de Ronda, 47) da Coruña, a partir das 20:00 horas, Lois Pereiro segundo Marcos Calveiro, presentado por Neves Arza.

12 de novembro – Recital poético no cemiterio de Santa Cristina de Viso, ante a tumba de Lois, organizado pola Asociación Cultural Lugo Patrimonio.

16 de novembro – No Centro Sociocultural de Vite (Biblioteca do Centro) de Santiago de Compostela, ás 20:00 horas, o grupo Ouriol (Fito Ares, Bernardo Martínez e Eva Veiga) representará o espectáculo poético-musical A porta entreaberta ou as balas do desexo, con poemas de Lois, xunto á participación artística na creación de imaxes de Alfonso Costa.

18 de novembro – No Salón Teatro de Santiago, ás 19:00 horas, proxección de Contra a morte: unha aproximación a Lois Pereiro, de Iago Martínez e Alexandre Cancelo.

19 de novembro – No CGAC de Santiago, ás 21:30 horas, proxección de Contra a morte: unha aproximación a Lois Pereiro, de Iago Martínez e Alexandre Cancelo.

24 de novembro – No Restaurante Rúa (R/ San Pedro, 24) de Santiago de Compostela, a partir das 20:30 horas, terá lugar un coloquio, baixo o título Lembrando a Lois Pereiro, coa participación de Xosé Manuel Pereiro, O Leo, Iago Martínez e Daniel Salgado, moderados por Alberto Ramos. Previamente proxectarase un fragmento de Corporal (je t’aime), proxecto de Antía Otero e Carlos Neira a partir de poemas de Lois.

5 de decembro – Actuación do grupo Das Kapital no Mondo Club de Vigo, a partir das 22:00 horas, como clausura do Festival Sinsal. Dentro do seu repertorio tocarán diversos temas con poemas de Lois.

Do 15 ao 17 de decembroCongreso Lois Pereiro, en Santiago e A Coruña, organizado pola Real Academia Galega, Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade da Coruña.

16 de decembro – A partir das 20:30 horas, no IES Auga da Laxe de Gondomar, acto de homenaxe a Lois, con lectura do seu Manifesto, proxección audiovisual e mini-concerto do Leo.

17 de decembroHomenaxe a Lois Pereiro no Incio, desde as 19:00 horas, con recital poético a cargo de Marica Campo, Olga Novo e Manuel Rivas, e concerto de A Quenlla e Ondas Martenot.

20 de decembro – A partir das 20:00 horas, na Biblioteca de Gondomar, celébrase unha sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas da asociación Espazo Lectura coa presenza de Jacobo Fernández Serrano, con quen os asistentes falarán sobre a súa obra Breve Encontro. Un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta.

20 de decembro – A partir das 21:00 horas, recital Picaversos en homenaxe a Lois, con Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira, no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela.

22 de decembro – A partir das 19:00 horas, na Fundación Luis Seoane da Coruña, presentación do libro-catálogo Lois Pereiro: Quen corta os fíos do soño?, con Manuel Rivas, Xosé Manuel Pereiro, Silvia Longueira e Antón Patiño.

Os comentarios están pechados.