Comeza MUNDO LOIS

“Despois dun mes e medio de ensaios abordamos os ensaios xerais de MUNDO LOIS.  A prosa e o verso de Lois nos inspiraron a todos os membros do equipo e hoxe, despois de encaixar con todo o coidado do mundo todas as pezas do noso puzzle  MUNDO LOIS chega aos ensaios xerais finais na semana da recta final cara á estrea.
O venres o Auditorio Municipal de Vigo nos agarda para presentarvos a todos MUNDO LOIS, versos de avangarda e lectura contemporánea.
Un universo de pequenos mundos; poético, audiovisual, musical. A palabra e a imaxe  xúntanse sobre o escenario para facervos chegar a palabra de Lois, todo aquelo que nos quixo decir coa súa poesía, cos seus escritos.” (Vía MundoLois)

Os comentarios están pechados.