Unha homenaxe convocada para o 20 de marzo: Vento Lois

A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo e os escritores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro veñen de presentar os actos programados desde o Concello arredor da figura de Lois Pereiro, o poeta fallecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Ano das Letras Galegas 2011. A primeira cita co o mundo de Lois Pereiro será o próximo domingo, 20 de marzo, ás 12:30 horas na Praza de María Pita e coa participación da Banda Municipal.

A continuación farase un pasarrúas por Rego de Auga até chegar ao Teatro Rosalía, donde as 13.00 horas haberá un recital espontáneo con poetas e cidadáns que asistan á actividade. “No acto repartiranse octavillas cunha escolma que Manuel Rivas fixo de Lois Pereiro e teremos tamén a palabra cantada de Manu Clavijo e outros cantautores”, suliñou Bravo. O mantedor do acto será Lino Braxe.

Chamada a toda a cidadanía:
Para a lectura no Teatro Rosalía chámase a toda a cidadanía para ler textos, que poden ser versos de Lois, versos de poetas/autores que lle gustaban a Lois ou poemas escritos para a ocasión.

Para o 7 de abril está programado no Teatro Rosalía “Mundo Lois”, un espectáculo escénico ideado por Antón Reixa e dirixido por Lino Braxe, co que se pretende difundir a través da imaxe a obra de Lois Pereiro.

Asimesmo desde a Concellaría de Cultura estase a traballar nunha pequena publicación que incluirá un roteiro que nos levará por aqueles lugares da cidade que foron importantes na vida de Lois Pereiro. Este roteiro está sendo preparado por Inés, a súa irmá.

Concerto expansivo:

Pola súa banda, Xosé Manuel Pereiro e Manuel Rivas chamaron á participación nun concerto de música a celebrar en varios lugares. Animan a todo aquel que estea interesado en musicar a obra de Lois Pereiro a informarse e anotarse na páxina web http://loispereiro.com onde tamén se poderán enterar de todas as novidades do ano Lois. Esta actividade é realizada en colaboración coa Asociación de Escritores en Lingua Galega (A.E.L.G.), Pen Club, Asociación Galega de Editores (A.G.E.) e Real Academia Galega.

5 Comentarios to “Unha homenaxe convocada para o 20 de marzo: Vento Lois”

  1. Rebeca Carrera Argibay di:

    Ola
    Son profesora no Conservatorio Superior de Música de Vigo, no departamento de instrumentos de música tradicional. Creo que poderiamos colaborar conxuntamente para a realización dun acto, que podería ser no propio Auditorio Martín Códax do centro. A día de hoxe contamos con algunhas agrupacións encadradas nas materias de orquestra, coxunto e música de cámara, que poderíamos apreoveitar para este fin.
    Necesitariamos algo máis de información, ou un teléfono de contacto para ver que podemos aportar.
    Un saúdo

    Rebeca Carrera (coordinadora do ENDL do Conservatorio Superior de Vigo)

  2. admin di:

    Ola, Rebeca: Agradecemos o teu interese e pasamos a enviarche un correo co contacto. Un saúdo.

  3. Bc di:

    Ola, boas

    Que podedes dicir deste concerto expansivo? hai datas? onde e como se podería participar?

    Grazas.

  4. sihomesi di:

    O Vento Lois será o día 12 de maio, ás 8 da tarde. Cada quen que organice o seu recital ou se sume aos que se celebren perto. Pódese participar lendo obra de Lois, ou sobre Lois, con mùsica ou facendo malabares. Proximamente, instruccións.