Os escritores publicarán un libro homenaxe a Lois Pereiro en edición dixital

“Esta é a segunda proposta colaborativa que desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega estamos a organizar para contribuírmos á visualización e actualización da obra literaria e pensamento de Lois Pereiro. É o noso propósito elaborarmos un LIBRO HOMENAXE A LOIS PEREIRO para o que solicitamos dos Socios/as da AELG que nos enviedes colaboracións inéditas e orixinais que poderían responder a un duplo formato:
* Poemas inéditos inspirados en Lois Pereiro (acéptanse versións elaboradas)
* Obra gráfica (ilustración, fotografía, poesía experimental, etc.) inspirada en poemas de Lois Pereiro.
Da conxunción de todas as colaboracións, a AELG promoverá unha edición en soporte electrónico en formato epub de descarga gratuíta accesíbel desde a nosa web. O prazo límite para recibirmos os vosos orixinais no noso enderezo electrónico de contacto habitual ( oficina at aelg.org) será o 10 de abril.” (Vía Axenda Cultural AELG)

Un comentario to “Os escritores publicarán un libro homenaxe a Lois Pereiro en edición dixital”

  1. […] víaOs escritores publicarán un libro homenaxe a Lois Pereiro en edición dixital | Lois Pereiro. marzo 17th, 2011 | Category: Alfredo Ferreiro, libro dixital […]