O vento zoa por Lois Pereiro, por Luis P. Ferreiro

“Os actos cos que o Concello honrará a vida, a obra e a memoria do poeta Lois Pereiro, nado en Monforte pero coruñés de adopción e protagonista do Día das Letras Galegas deste 2011, comezarán o domingo cunha orixinal iniciativa denominada Vento Lois. Esta actividade, que arrincará ás 12.30 horas, consistirá nun recital-manifestación que percorrerá a rúa Riego de Agua, desde a praza de María Pita ata o teatro Rosalía de Castro, onde calquera dos asistentes poderá recitar versos do homenaxeado, ou que puideran ser do gusto de Pereiro.

Vento Lois foi presentado onte no Concello pola concelleira de Cultura, María Xosé Bravo, e dous compañeiros de xeneración do poeta monfortino, o seu irmán, o xornalista Xosé Manuel Pereiro, e o escritor Manuel Rivas. […]” (Vía La Opinión de La Coruña)

Os comentarios están pechados.