Publicado o libro Lois Pereiro en 17 voces en La Voz de Galicia:
«La Voz de Galicia presentou na sede da Real Academia Galega na Coruña o libro que dende hai xa dez anos dedica ao escritor homenaxeado no Día das Letras e que ofrecerá o vindeiro martes [17 de maio, [...]
Vídeo do Vento Lois no Incio lembrando o percorrido entre Reádigos e Santa Cristina do Viso, (da casa dos avós paternos á dos maternos) que facía todos os veráns. Lectura de textos diante da tumba de Lois. Interveñen -entre outras/os- Miguel Mato, Antón Reixa, Antón Patiño, Xurxo Souto, Isabel López, Manuel Rivas, Inés [...]
Antón Reixa no cemiterio:
Por cortesía de Algueirada.
- Xurxo Souto e Miguel Mato:
O xoves 7 de abril, a partir das 20:30 h., no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, representación de Mundo Lois, un espectáculo escénico-audiovisual con guión orixinal de Antón Reixa sobre textos de Lois Pereiro para proxectar a obra poética deste creador a través da palabra e da imaxe. Coa participación de Antela [...]
A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo e os escritores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro veñen de presentar os actos programados desde o Concello arredor da figura de Lois Pereiro, o poeta fallecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Ano das Letras Galegas 2011. A primeira [...]
Mundo Lois from Mundo Lois on Vimeo.
«MUNDO LOIS xorde da idea de Antón Reixa, amigo persoal do autor Lois Pereiro, a quen no vindeiro ano 2011 se lle adica o día das Letras Galegas, de elaborar un espectáculo escénico cun importante peso audiovisual que universalice, non só a través da palabra senón tamén da imaxe, [...]
MUNDO LOIS é unha coprodución de Nordesía, Filmanova e Kachet. Mirar a través dos ollos de quen escribía para deixarse ver. O seu MUNDO, a súa visión. LOIS Pereiro de cerca.
Achegarse para ir máis lonxe. Afastarse a través dos seus versos para buscar un lugar onde mellorar a visibilidade. Onde a [...]