Presentación do documental Contra a morte e faladoiro posterior na Asociación Cultural O Castro o martes 14 de xuño de 2011 na Casa Galega da Cultura e Praza da Princesa de Vigo. O vídeo foi realizado por Rosa e Cruz Martínez.
O xoves 23 de xuño, a partir das 22:00 horas, no Bar Patachim (Beiramar, 16) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. Anúnciase tamén a participación de:
- As integrantes máis guapas das Ataque Escampe. - David Pobra ofrecerá unha performance [...]
O 17 de maio terán lugar estas actividades en homenaxe a Lois na Coruña: - Na Festa do Libro, preséntase Declaración audiovisual: Lois Pereiro, documental de Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso a partir das 20:00 horas. - E, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán), tamén ás [...]
O próximo martes 10 de maio, ás 20:00 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o xornalista Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, presentará o seu libro Lois Pereiro. Vida e obra, publicado en Xerais, e o guionista e director Alexandre [...]
Dentro das actividades do Achegarte 2011, que se celebra esta fin de semana na Coruña, o domingo 3 de abril, ás 12:30 h., proxéctase Contra a morte, o documental sobre Lois Pereiro producido por IBCinema.