Anotacións con etiqueta(s) ‘Conversa ultramarina’

Mar que vén de lonxe

«Entre os papeis rescatados de Lois Pereiro deuse a coñecer, hai poucas datas, un volume que, como todos os rescates, posúe unha intrahistoria peculiar. O texto escribiuse entre marzo e xuño de 1995 e concibiuse como unha proposta confesional, alimentada por unha evidente pluralidade de contidos, baixo a forma [...]

‘Conversa ultramarina’: fragmentos selectos de Xosé Manuel Eyré

Xosé Manuel Eyré: Velaquí unha pequena esolma de fragmentos collidos da Conversa ultramarina, amosando un Lois Pereiro fondamente humano, dono dunha sensibilidade moi aguda, observándose e observando a vida como un narrador só comprometido que nos pode facer mellores para os demais (e polo tanto para nós mesmos)

Positivas revela o testamento literario de Lois Pereiro

“En marzo de 1995 a Lois Pereiro quedábanlle trece meses de vida. Tiña 37 anos e estaba enfermo. O tempo nunca conseguira borrar as marcas que a colza deixara sobre o seu corpo, envelenado en Madrid con apenas 23 anos. Xa deixara a heroína, pero había un ano que lle [...]