«Análise de tipo parafrástico de Teresa Seara sobre os procedementos de codificación que o eu poético emprega nas obras de Lois Pereiro para representar a súa relación coa morte, e da fución que nesa relación desempeña a escrita. A imaxe da vida como batalla é o simbólico fío conductor co que [...]
«A cabalo entre a creación e a glosa crítica, o texto relaciona, a partir da experiencia lectora de Chus Pato e de breves calas nalgúns núcleos temáticos da poesía do autor (como o do amor), a voz de Lois Pereiro co cinema, coa cultura centro-europea, con escritores como Lautréamont ou [...]
«Breves apuntes de intención hermenéutica sobre a poesía de Lois Pereiro centrados nos significados trascendentes que nela poidan ter do amor e a morte.» Publicada orixinalmente na revista Dorna no 1997. Provén da páxina Poesiagalega.org. Pódese consultar enteira aquí e descargar o arquivo .pdf co traballo completo nesta ligazón.
«Transcrición dunha entrevista feita por Ana Romaní a Lois Pereiro na Radio Galega, co gallo da publicación de Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995. Ábrese e péchase coa lectura por parte da entrevistadora de dous poemas de Pereiro e ademais intercálase a lectura doutros dous. Na conversa ambos os [...]
«Emotiva evocación póstuma da figura de Lois Pereiro, lembrando a súa presenza na revista Anima+L e relacionándoo co que foi o seu compañeiro na colección Di-versos, o poeta Claudio Rodríguez Fer.» Artigo de Carmen Blanco sobre Lois Pereiro publicado na revista Dorna en 1997, recuperado por Poesiagalega.org. Pódese descargar libremente aquí.
«É inevitable, para os que coñecemos -aínda minimamente- a historia biográfica de Lois Pereiro, asociar a presencia constante da morte nos seus poemas coa propia experiencia vital do poeta. Máis que nunca, neses textos difumínanse os límites entre autor e eu poético e, ineludiblemente, caemos na trampa de identificar a un co outro. [...]