O mércores 1 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca de Poesía «Uxío Novoneyra» (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo) o escritor e xornalista Antón Lopo presenta a súa biografía de Lois, A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Celestino Poza.
O luns 30 de maio, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Monforte, o escritor e xornalista Antón Lopo presenta a súa biografía de Lois, A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, publicado en Galaxia.
«Sempre Lois. Aquel que entendeu que o amor era unha forma de salvación. Sempre Lois. Aquel que soñou unha literatura galega que viaxase por vieiros de modernidade, dacabalo da música, do cine, abeirado á terra, ollando o horizonte. Sempre Lois. Aquel que soñaba palabras como quen soña camiños de luz onde deitar versos que alumean, que dán máis [...]
Reportaxe sobre A palabra exacta, de Antón Lopo, en Galicia Hoxe: «Antón Lopo: «Lois Pereiro non era un poeta maldito nin un outsider: distinguíase da súa xeración no seu carácter popular, que emanaba do pobo» «Leva tracexado no seu físico o mapa da sociedade posmoderna galega e, no seu propio corpo, leva escritos os accidentes [...]
Vén de saír do prelo de Galaxia, dentro da colección Letras Galegas, a Antoloxía poética, en coidada edición a cargo de Daniel Salgado, centrado na súa obra poética, e na que se propón unha nova lectura da obra de Lois Pereiro. Esta antoloxía inclúe 51 poemas que testemuñan a homoxeneidade dunha obra concibida case [...]
Lois Pereiro comezou a escribir Náufragos do paradiso -a súa única novela- a finais da década de 1970, cando acababa de facer vinte anos. Cunha linguaxe que emprega imaxes poéticas, a historia narrada concéntrase na interioridade torturada de Bernal e a súa viaxe á pálida beleza da morte prematura. Nun milimetrado puzzle de [...]
A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro, de Antón Lopo, publicada en Galaxia, é a biografía do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2011 e un achegamento a Pereiro a través das persoas que máis íntima relación mantiveron con el, pero tamén coas voces que se enfrontaron á análise da súa poesía ou que, [...]