Anotacións con etiqueta(s) ‘Francisco Castro’

‘Hai sesenta anos finou o filósofo que máis lin na miña vida (ao meu favor que só escribiu dous libros, un deles de apuntamentos e o primeiro, moi breve). Refírome a Ludwig Wittgenstein, moi concretamente ao seu Tractatus logico-philosphicus que leva acompañándome durante toda a vida. Poucos libros coma este para reflexionar sobre [...]

‘Lois Pereiro é o poeta da carne. O que significa que é o poeta da vida. Pois somos carne e só carne e tampouco queremos, algúns, ser máis que carne. Que pode sentir. Que pode transcenderse. Que pode poetizar e pescudar os vieiros que nos achegan á beleza. A carnalidade dos versos de Pereiro [...]

‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG

‘Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco [...]

«Lemos en practicamente todos os libros e estudos que se publican este ano sobre Lois Pereiro que a súa poesía non era para nada coincidente coa que se estaba a facer na súa época. Eu penso que moi probablemente, porque el non era profesor de galego e, xa que logo, que dalgunha maneira ía [...]

«Nas distintas lecturas que no que vai de ano estamos vendo arredor da obra de Lois Pereiro, acho unha moi frecuente actitude reducionista, simplificadora, incluso superficial, que se expresaría, moi resumidamente, en convertir a súa poética, por mor da súa circunstancia vital, nun exercicio de decadentismo, ou derrotismo, ou nihilismo ou miserabilismo, ou [...]

«Lois Pereiro representa a evidencia de que non é necesaria unha grande obra (léase no senso de moitas páxinas escritas) para que unha poética supere o paso do tempo, único xuíz válido neste oficio da literatura, onde tantos confunden ruído e balbordo con profundidade, saír nos papeis con importancia, ou vender libros con [...]

Olark Livehelp