Anotacións con etiqueta(s) ‘Iago Martínez’

Reportaxe sobre o recital Picaversos adicado a Lois Pereiro o pasado 20 de decembro en Santiago: “O último Picaversos do ano estivo centrado en Lois Pereiro. Intentamos homenaxear ao poeta de Monforte da forma que a el lle gustaría, nun pub, entre copas e música, e escoitando as súas palabras da boca de Iago [...]

“Remata o ano Lois Pereiro, e Picaversos quere renderlle homenaxe. Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira lerán textos do poeta monfortino o martes 20 de decembro ás 21:00 horas no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela. Os tres convidados coñecen ben a obra de Lois, mais no noso ciclo de lecturas poéticas non [...]

O mércores 24 de agosto, dentro dos actos da Feira do Libro de Monforte (Rúa Cardeal, s/n.), terá lugar ás 20:30 h. unha mesa redonda sobre Lois na que participarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado e algúns dos autores que teñen publicado obras sobre o autor homenaxeado en 2011 no Día das Letras [...]

‘Xerais prepara un volume con textos inéditos de Lois Pereiro’

Artigo de Iago Martínez en Xornal de Galicia:

“Para Isabel: ela, a que exerce na luz. Así empeza un dos últimos cadernos que escribiu Lois Pereiro antes de morrer. Un dietario que lle dedicou á persoa que llo puxera nas mans como agasallo: Isabel Romero, a muller do seu irmán Xosé Manuel. [...]

“O xornalista e xefe de Cultura de Xornal Iago Martínez (Vigo, 1979) vén de publicar Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais, 2011), unha biografía do escritor monfortino construída a partir dunha ampla base documental formada por máis de trinta testemuñas que Martínez entrevistou ao longo de cinco anos para desenvolver, xunto a Alexandro [...]

O necesario vento dun poeta de culto é o título que encabeza o suplemento especial que o Xornal de Galicia dedida á figura de Lois, publicado o domingo 15 de maio. Deixamos aquí a ligazón ao ARTIGO COMPLETO en .pdf, e tamén as ligazóns ás diferentes partes que o forman (a foto da dereita [...]

Entrevista de Iago Martínez a Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, incluída no Suplemento das Letras Galegas dedicado a Lois no Xornal de Galicia (a foto é a que acompaña á entrevista, e está asinada por A. Lorenzo): “Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro coñecéronse polo acento na primeira asemblea á que os convocaron [...]

A Coruña: actos en homenaxe a Lois do 17 de maio

O 17 de maio terán lugar estas actividades en homenaxe a Lois na Coruña: – Na Festa do Libro, preséntase Declaración audiovisual: Lois Pereiro, documental de Xurxo Souto e Fran Amil. No Kiosco Alfonso a partir das 20:00 horas. – E, no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n. Ao lado do IES Agra do Orzán), tamén ás [...]

Gondomar: Iago Martínez e Alexandre Cancelo falan de Lois Pereiro e da súa obra

O próximo martes 10 de maio, ás 20:00 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas de Gondomar, sede do Instituto de Estudos Miñoranos, o xornalista Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, presentará o seu libro Lois Pereiro. Vida e obra, publicado en Xerais, e o guionista e director Alexandre [...]

“(…) A literatura galega ten o seu propio Indignádevos. Lois Pereiro publicou a súa Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia, que vén de recuperar Xerais xunto a outros artigos dispersos do monfortino, na revista Luzes de Galiza. Foi en 1996, nos seus últimos [...]

Xa está nas librarías o libro Lois Pereiro. Vida e obra, do periodista Iago Martínez, publicado en Xerais: “Durante algunhas semanas, ao periodista Iago Martínez, xefe de Cultura de Xornal de Galicia, púxoselle cara de biógrafo en apuros. Mentres os prazos para entregar o libro finalizado ían fuxindo sobre os calendarios, a vida [...]

Iago Martínez: “Pereiro foi un dos poucos escritores que quixo ser verdadeiramente libre”

“(…) O xornalista Iago Martínez inaugurou o ciclo Escrita(s) cunha charla que, baixo o título Modestísima proposición para ler politicamente a Lois Pereiro, analizaba a dimensión do pensamento político do poeta monfortino. “Lois Pereiro é un deses poucos escritores que quixeron ser verdadeiramente libres. Pertence, talvez máis por omisión que por acción, á [...]