Anotacións con etiqueta(s) ‘José Luís Calvo’

Entre o xoves 15 e o sábado 17 de decembro, desenvolverase o Congreso Lois Pereiro, organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo e da Universidade da Coruña.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Axeitos Agrelo, Luís Caparrós Esperante e Manuel [...]

O necesario vento dun poeta de culto é o título que encabeza o suplemento especial que o Xornal de Galicia dedida á figura de Lois, publicado o domingo 15 de maio. Deixamos aquí a ligazón ao ARTIGO COMPLETO en .pdf, e tamén as ligazóns ás diferentes partes que o forman (a foto da dereita [...]

Presentación de ‘O negro leite da aurora’, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, o 17 de maio en Santiago

O martes 17 de maio, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, preséntase o libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos.

Presentación de ‘O negro leite da aurora’, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, en Lugo

O venres 13 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase o libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos. Tras a presentación terá lugar un recital por parte dos poetas colaboradores [...]

Publicado O leite negro da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luis Calvo Vidal e Carlos Gegúndez López, na Editorial Toxosoutos. O contido do volume está composto por unha cronobiografía, un percorrido polo seu labor literario, unha bibliografía completa de e sobre Lois Pereiro, e un conxunto de poemas [...]

José Luís Calvo e Carlos Gegúndez acometeron durante tres anos unha exhaustiva análise da obra pereiriana.