Anotacións con etiqueta(s) ‘Manu Clavijo’

O xoves 3 de novembro, a partir das 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), e con entradas de 8 euros, terá lugar o evento As Músicas de Lois Pereiro, organizado pola Asociación Cultural Cultura do País, onde se fará un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia [...]

Deixamos aquí esta fotografía, Lois estivo aquí, feita por Manu Clavijo na Cidade Vella da Coruña, e que cedeu para a súa publicación neste blogue, o que agradecemos publicamente:

“Lois Pereiro. Canción última…, publicado en Edicións do Cumio, é o traballo que o cantante e compositor Manu Clavijo fai sobre os textos do poeta Lois Pereiro, ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Cos temas que compoñen este volume, baseados todos eles en textos dos libros Poemas [...]

Crónica e vídeo da homenaxe a Lois Pereiro en Madrid

festa das letras gallegas TABACALERA 21-05-2011 from Ángel Araújo on Vimeo.

As letras galegas sentíronse en Madrid. O 21 de maio a Tabacalera foi escenario da unidade dos galegos na capital de España en recordo a Lois Pereiro e en reivindicación da cultura galega. Os actos do Día das Letras Galegas en Madrid, [...]

“O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com. Era unha cita obrigada. [...]

A Coruña: ‘Unha tarde con Lois Pereiro’, conferencia de Mercedes Queixas e actuación de Manu Clavijo, o venres 20 de maio

O venres 20 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, terá lugar a Conferencia Unha tarde con Lois Pereiro, a cargo de Mercedes Queixas Zas, autora do libro “Lois Pereiro, a urxencia poética dun futuro alleo“, publicado en Laiovento, e a actuación [...]

Conferencia de Manuel Rivas, recital dos poetas de ‘De amor e desamor’ e música arredor de Lois na Coruña, o 11 de maio

O mércores 11 de maio, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, Manuel Rivas falará sobre a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, nun acto organizado pola A. C. O Facho. Pola súa banda, ese mesmo día, ás [...]

“Dificilmente un homenaxeado no Día das Letras terá sido máis musical que Pereiro. No seu traballo poético abundan as referencias sonoras e son coñecidas a súas preferencias musicais. A seguir nesta liña, este ano son varios os proxectos que apostan por seguir este vencello, musicando textos do poeta, recreando os [...]

Acto homenaxe ‘Lois volve ao Incio’, o 30 de abril

Enviado por Xosé Manuel Pereiro: “O 30 de abril, sábado, celebramos un acto homenaxe en recordo de Lois no Incio. Un roteiro entre a casa dos avós paternos, en Reádigos, e a dos avos maternos en Santa Cristiña do Viso, un camiño que facía todos os veraos de neno e agora repetiremos con algo de [...]

(Roberto Roget para o Diário Liberdade) A última vez que se tinha sentido com tanta força a presença de Lois Pereiro em Compostela fora no concerto tributo aos Radio Océano do ano passado, quando Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) cantava ‘Narcisismo’ junto com a mítica banda dos 80. No passado 31 de março, novamente [...]

Aquí deixamos o cartaz do concerto dedicado a Lois Pereiro na Sala Nasa este 31 de marzo, coa participación de Ondas Martenot, Das Kapital, Manu Clavijo e Manuel Cortés.

Lembrando Lois Pereiro no Borrazás (II): palabra e son

Unha homenaxe convocada para o 20 de marzo: Vento Lois

A concelleira de Cultura, María Xosé Bravo e os escritores Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro veñen de presentar os actos programados desde o Concello arredor da figura de Lois Pereiro, o poeta fallecido na cidade no ano 1996 e ao que se lle dedica o Ano das Letras Galegas 2011. A primeira [...]

Manu Clavijo – En Leonberg

Manu Clavijo – En Leonberg from Mr Misto Films on Vimeo.

Videoclip de cantautor Manu Clavijo, quen homenaxea a Lois Pereiro e ós seus poemas no álbum ‘Lois Pereiro. Canción última’. Realizado por Gonzalo Enríquez coa produción de Mr Misto Films. A Coruña 2010.