Anotacións con etiqueta(s) ‘Marcos Calveiro’

O xoves 3, venres 4 e sábado 5 de novembro, Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos da Universidade de Tubinga, da Universidade de Heidelberg e da Universidade Libre de Berlín. Desde Xerais.

O mércores 24 de agosto, dentro dos actos da Feira do Libro de Monforte (Rúa Cardeal, s/n.), terá lugar ás 20:30 h. unha mesa redonda sobre Lois na que participarán Xosé Manuel Pereiro, Manuel Bragado e algúns dos autores que teñen publicado obras sobre o autor homenaxeado en 2011 no Día das Letras [...]

‘Acto Lois Pereiro’ na Feira do Libro de Vigo, o venres 8 de xullo

Dentro dos actos da XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), o venres 8 de xullo ás 19:30 horas, terá lugar o Acto Lois Pereiro, mesa redonda sobre o poeta monfortino, coa participación de Jacobo Fernández Serrano (autor da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro, Xerais), Anxo Angueira (coordinador [...]

Entrevista de Rosé Carrera a Marcos Calveiro en La Región: ‘Marcos Calveiro recibiu hai pouco máis dun ano a encarga de escribir un libro sobre Lois Pereiro, o poeta que o marcara na súa mocidade, cando andaba á procura doutras literaturas que o conectasen coas súas inquedanzas, propias dun rapaz que viña [...]

O necesario vento dun poeta de culto é o título que encabeza o suplemento especial que o Xornal de Galicia dedida á figura de Lois, publicado o domingo 15 de maio. Deixamos aquí a ligazón ao ARTIGO COMPLETO en .pdf, e tamén as ligazóns ás diferentes partes que o forman (a foto da dereita [...]

Crónica no Faro de Vigo da conferencia no Club Faro con Xosé Luís Méndez Ferrín, Manuel Bragado, Marcos Calveiro e Xosé Manuel Pereiro, celebrada o luns 9 de maio ás 20:00 horas, asinada por F. Franco: “”Nunca o Día Das Letras Galegas foi dedicado a alguén tan contemporáneo”, dicía onte Xosé Luis Méndez [...]

O VENTO LOIS chega a Vigo con tres actividades:

– Ás 12:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo (Campus As Lagoas, Marcosende) preséntase o libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois Pereiro publicado por Edicións Xerais e elaborado [...]

Marcos Calveiro: ‘Con Lois Pereiro, a Real Academia Galega, por primeira vez, non vende o cadáver exquisito de tódolos anos’

Entrevista de Mar Mato a Marcos Calveiro en Faro de Vigo: “(…) – Faro de Vigo: Vén de pubicar Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais), unha biografía atípica. – Marcos Calveiro: A min, encargáronme facer unha biografía de Lois, o que aceptei de inmediato porque era unha honra, aínda que non o coñecín persoalmente. [...]

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo.

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e [...]