Anotacións con etiqueta(s) ‘Mario Regueira’

Reportaxe sobre o recital Picaversos adicado a Lois Pereiro o pasado 20 de decembro en Santiago: “O último Picaversos do ano estivo centrado en Lois Pereiro. Intentamos homenaxear ao poeta de Monforte da forma que a el lle gustaría, nun pub, entre copas e música, e escoitando as súas palabras da boca de Iago [...]

“Remata o ano Lois Pereiro, e Picaversos quere renderlle homenaxe. Paco Macías, Iago Martínez e Mario Regueira lerán textos do poeta monfortino o martes 20 de decembro ás 21:00 horas no Modus Vivendi (Praza de Feixoo) de Santiago de Compostela. Os tres convidados coñecen ben a obra de Lois, mais no noso ciclo de lecturas poéticas non [...]

Entrevista a Mario Regueira no Xornal de Galicia:

‘”Lois é unha persoa de fronteira”, advirte a contracapa. Ese é o Pereiro que persegue Mario Regueira (Ferrol, 1979), poeta, narrador e pereirista confeso. Faino, argumenta, nunha dobre acepción: como autor e como crítico. Tamén vale estoutra: “Como un contrabandista que perdeu o [...]

O xoves 23 de xuño, a partir das 22:00 horas, no Bar Patachim (Beiramar, 16) da Coruña, terá lugar a presentación do libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. Anúnciase tamén a participación de:

– As integrantes máis guapas das Ataque Escampe. – David Pobra ofrecerá unha performance [...]

Publicado ‘Lois Pereiro. Unha persecución’, de Mario Regueira, en 2.0 Editora

Publícase o libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, en 2.0 Editora. Segundo se afirma nel: “Mario Regueira ofrécenos en Lois Pereiro. Unha persecución a reflexión e a intelixente mirada dun ávido lector dos versos do poeta. Unha das tentativas deste libro é seguirlle a pista, atravesar esas fronteiras cara a un e [...]

O xoves 16 de xuño, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Lois Pereiro. Unha persecución, de Mario Regueira, publicado en 2.0 Editora. No acto intervirán, acompañando ao autor, Paco Macías e Txiki Calvo.

‘Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro’, libro electrónico publicado pola AELG

‘Con motivo do Día das Letras Galegas a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega edita un libro electrónico coas colaboracións dos seus asociados e asociadas, Vivir un soño repetido. Os participantes son: Francisco Álvarez-Koki, Ana Arias Saavedra, Afonso Becerra de Becerreá, Concha Blanco, Lino Braxe, Ramón Caride, Arturo Casas, Francisco [...]