Anotacións con etiqueta(s) ‘O Leo’

O venres 16 de decembro, ás 20:30 horas, o ENDL do IES Auga da Laxe (Gondomar) organiza un acto de clausura do Ano Lois no Salón de Actos do instituto (coñecido tamén como Ghar Rock Café Augha da Laxe).

O acto constará de tres partes: 1. Unha primeira na que se lerá o [...]

O xoves 3 de novembro, a partir das 23:00 horas, no Clube Clavicémbalo de Lugo (Rúa Paxariños, 23), e con entradas de 8 euros, terá lugar o evento As Músicas de Lois Pereiro, organizado pola Asociación Cultural Cultura do País, onde se fará un percorrido pola traxectoria do poeta, resaltando ademais a importancia [...]

O sábado 24 de setembro, ás 20:00 horas, na A. C. Bou Eva de Vigo (Rúa Terzo de Fóra, 11), terá lugar unha homenaxe a Lois Pereiro, coa inauguración dunha exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na súa obra, seguida dun recital de poesía e, para finalizar, [...]

Intervención musical do Leo no Vento Lois do 12 de maio en Vigo

O 12 de maio celebrouse o Vento Lois en Vigo, no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade, coa presentación do libro Que lle podo ofrecer a quen me intente?, monográfico de Lois publicado por Xerais e elaborado polo Grupo de Análise e Estudo da Literatura e da Tradutoloxía [...]

“Lois Pereiro. Poemas é unha escolma da poesía de Lois recitada por O Leo acompañado pola música de Alfonso Camarero. Foi editada por Xestión Literaria Galega (de Rinoceronte Editora) no 2011. Esta gravación toca o nervo da poesía de Lois Pereiro, tan singular e significativa. A simbiose entre texto, voz e son transmite [...]

Crónica e vídeo da homenaxe a Lois Pereiro en Madrid

festa das letras gallegas TABACALERA 21-05-2011 from Ángel Araújo on Vimeo.

As letras galegas sentíronse en Madrid. O 21 de maio a Tabacalera foi escenario da unidade dos galegos na capital de España en recordo a Lois Pereiro e en reivindicación da cultura galega. Os actos do Día das Letras Galegas en Madrid, [...]

“O Centro Social Autoxestionado La Tabacalera de Lavapiés é o escenario elixido para celebrar a Festa das Letras Galegas na capital de España. Será o próximo 21 de maio, no marco dun evento de sete horas e media co que botará a andar o proxecto cultural Galiciaenmadrid.com. Era unha cita obrigada. [...]

O VENTO LOIS en Santiago celébrase o propio 12 de maio, co seguinte programa: – 17:30 h. Roteiro literario guiado pola zona histórica (inscrición no 981-543191 ou nos centros socioculturais da cidade). Saída do monumento a Rosalía na Alameda. – 19:00 h. Local Sociocultural de Caramoniña (situado na nova entrada na parte alta do parque [...]

“Dificilmente un homenaxeado no Día das Letras terá sido máis musical que Pereiro. No seu traballo poético abundan as referencias sonoras e son coñecidas a súas preferencias musicais. A seguir nesta liña, este ano son varios os proxectos que apostan por seguir este vencello, musicando textos do poeta, recreando os [...]

O venres 22 de abril, a partir das 23:00 h., no Local Social A Rebusca (Manzaneda), terá lugar un novo concerto de Ondas Martenot, onde se tocará o repertorio coas músicas que lle gustaban a Lois: Lou Reed, Parálisis Permanente, Radio Océano, The Doors… As Ondas Martenot proseguen co seu furor colectivo manufacturado [...]

(Roberto Roget para o Diário Liberdade) A última vez que se tinha sentido com tanta força a presença de Lois Pereiro em Compostela fora no concerto tributo aos Radio Océano do ano passado, quando Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) cantava ‘Narcisismo’ junto com a mítica banda dos 80. No passado 31 de março, novamente [...]

Galicia Confidencial: “A presenza creadora de Lois Pereiro”