Anotacións con etiqueta(s) ‘Poesiagalega.org’

«O completo dosier que Poesiagalega.org presentaba o pasado mes de maio sobre Lois Pereiro conta xa cunha segunda edición ampliada. A nova versión «incorpora unha parte significativa da relevante produción crítica dedicada ao autor con motivo da celebración do Día das Letras», entre as que se atopan os suplementos específicos [...]

Teresa Seara: ‘O executor en ‘stand by’: premonición da morte nos poemas de Lois Pereiro’ (1997)

«Análise de tipo parafrástico de Teresa Seara sobre os procedementos de codificación que o eu poético emprega nas obras de Lois Pereiro para representar a súa relación coa morte, e da fución que nesa relación desempeña a escrita. A imaxe da vida como batalla é o simbólico fío conductor co que [...]

Carlos Pérez Varela: ‘Nerval na ‘Poesía última’ de Lois Pereiro’

«Percorrido polos poetas franceses que influíron directa ou indirectamente na poesía de Lois Pereiro como Baudelaire, Apollinaire, Rimbaud, Valéry ou Éluard pero, sobre todo, o autor céntrase en expor os vencellos manifestos coa obra de Gérard de Nerval.» Publicada orixinalmente en Cinguidos por unha arela común. Homenaxe ó profesor Xesús Alonso [...]

Chus Pato: ‘A praia do corazón de Mandelstam’ (1997)

«A cabalo entre a creación e a glosa crítica, o texto relaciona, a partir da experiencia lectora de Chus Pato e de breves calas nalgúns núcleos temáticos da poesía do autor (como o do amor), a voz de Lois Pereiro co cinema, coa cultura centro-europea, con escritores como Lautréamont ou [...]

Teresa Seara: ‘A memoria do amado. ‘Poesía última’ de Lois Pereiro’ (1996)

«Lectura tematolóxica do segundo libro de poemas de Lois Pereiro, na que a atención ao tratamento da morte propia configurada sobre a experiencia amorosa e os ciclos vitais ocupa o lugar vertebrador e case único da recensión. Esta detense, como subtemas subordinados ao da morte, na dor e na perda [...]

Olga Novo: ‘Amor a contra-morte’ (1997)

«Breves apuntes de intención hermenéutica sobre a poesía de Lois Pereiro centrados nos significados trascendentes que nela poidan ter do amor e a morte.» Publicada orixinalmente na revista Dorna no 1997. Provén da páxina Poesiagalega.org. Pódese consultar enteira aquí e descargar o arquivo .pdf co traballo completo nesta ligazón.

‘Lois Pereiro: a derradeira batalla’, entrevista de Rocío Pernas Chao (1996)

«Entrevista de Rocío Pernas Chao a Lois Pereiro realizada pouco tempo antes da súa morte. O escritor dá conta da poética enfiada en Poesía última de amor e enfermidade, con referencia ás distintas partes da obra e, especificamente, ás relacións entre escrita poética e vida. Asemade, esclarece os seus vínculos [...]

‘Lois Pereiro: ‘A poesía sálvame do meu espírito», entrevista de Darío Janeiro (1996)

«Entrevista de Darío Janeiro a Lois Pereiro con motivo da publicación de Poesía última de amor e enfermidade (Positivas, 1996). A partir de distintos ítems como as xeracións, a figura de Raymond Carver, a morte, o amor, a Revolución zapatista, a televisión ou as ONG’s, Pereiro enfía os trazos principais da [...]

Xosé Luís Méndez Ferrín: ‘Pereiro na raigame’

«Comentario sobre a etapa de formación de Lois Pereiro con motivo da recepción polo autor dun monográfico sobre o poeta monfortino publicado pola revista Raigame. Xosé Luís Méndez Ferrín apóiase nas investigacións de Ana Acuña e destaca a importancia que Madrid tivo na aprendizaxe de Pereiro e de numerosos escritores [...]

A derradeira entrevista a Lois Pereiro: ‘Apostei a carta máis alta’, por Manuel Rivas (1997)

«Conversa entre Lois Pereiro e Manuel Rivas, publicada no número que lle dedicou Luzes de Galiza logo da súa morte. Acompáñase con fotografías de Vari Caramés. Fálase sobre o oficio do poeta, a necesidade da poesía de vangardas fronte a narrativa compracente, e do valor determinante que tivo na súa xeración [...]

Xesús González Gómez: ‘Estados de ánimo. Poemas 1981-1991 de Lois Pereiro’ (A Nosa Terra, 1992)

«Comentario crítico sobre o libro Poemas 1981-1991 de Lois Pereiro. Céntrase na concreción das súas características máis destacadas nas esferas temática, léxico-semántica, sentimental e compositiva, con atención ao fenómeno da reescritura, ao que Pereiro era moi proclive e que González Gómez considera excedente para a comunicación poética. Asemade, de xeito moi [...]

Helena González: ‘Lois Pereiro: poesía dura, descarnada, emocionante’ (Grial, 1996)

«Recensión crítica do derradeiro libro de Lois Pereiro, publicado na colección Di-Versos. Sublíñase o carácter marcadamente diferente da súa poética, de xeito particular cando se compara cos grupos dos que formou parte e dos seus compañeiros de xeración, como Loia e De amor e desamor. O libro aborda sen [...]

Entrevista de Manuel Carballido a Lois: ‘Lois Pereiro: ‘Á xente extráñalle a miña linguaxe poética», en A Nosa Terra (1990)

«Entrevista de Manuel Carballido na que Lois Pereiro fai un repaso das súas colaboracións en diversas revistas e nos núcleos de intervención a elas asociados. Recupera nesa liña referencias de amizades e camaradaxes en Madrid e na Coruña. Tamén fai valoracións sobre o nivel da produción poética galega en [...]

Artigo de Carmen Blanco sobre Lois: ‘Pereiro último’ (1997)

«Emotiva evocación póstuma da figura de Lois Pereiro, lembrando a súa presenza na revista Anima+L e relacionándoo co que foi o seu compañeiro na colección Di-versos, o poeta Claudio Rodríguez Fer.» Artigo de Carmen Blanco sobre Lois Pereiro publicado na revista Dorna en 1997, recuperado por Poesiagalega.org. Pódese descargar libremente aquí.

«O equipo de poesiagalega.org. comunica que xa é accesíbel en liña o dossier crítico sobre Lois Pereiro preparado por eles. Figura na páxina de benvida da web, e pode consultarse por acceso directo aos capítulos que interesen ou descargando a totalidade do dossier en formato pdf aquí. Trátase dunha compilación de materiais críticos [...]

‘Da topoloxía do corpo á utopía da escrita: Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) de Lois Pereiro’, por Mirta Suquet

«Neste artigo analízase a relación entre a representación da decadencia do corpo e a construción dunha utopía transcendente en Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995), de Lois Pereiro. Estúdase ademais a función dos elementos paratextuais dentro do poemario, como claves de referencialidade e como estratexias discursivas para enunciar a precariedade do corpo [...]

Olark Livehelp