Anotacións con etiqueta(s) ‘Xornal de Galicia’

Entrevista a Mario Regueira no Xornal de Galicia:

‘»Lois é unha persoa de fronteira», advirte a contracapa. Ese é o Pereiro que persegue Mario Regueira (Ferrol, 1979), poeta, narrador e pereirista confeso. Faino, argumenta, nunha dobre acepción: como autor e como crítico. Tamén vale estoutra: «Como un contrabandista que perdeu o [...]

Francisco Caamaño: ‘Pereiro foi o poeta da contracultura, dos cantos dos inconformistas’

‘O ministro de Justicia e presidente provincial do PSdeG da Coruña, Francisco Caamaño, reivindicou o martes 17 de maio a figura do autor homenaxeado con motivo do Día das Letras Galegas, Lois Pereiro, ao que definiu como un poeta que imprimiu un xesto «profundo de rebeldía» en cada verso, e sinalou que Galicia [...]

«O xornalista e xefe de Cultura de Xornal Iago Martínez (Vigo, 1979) vén de publicar Lois Pereiro. Vida e obra (Xerais, 2011), unha biografía do escritor monfortino construída a partir dunha ampla base documental formada por máis de trinta testemuñas que Martínez entrevistou ao longo de cinco anos para desenvolver, xunto a Alexandro [...]

Crónica dos actos da Real Academia Galega en Monforte, o 17 de maio, en Galicia Hoxe (a foto sae nesta nova, e é da autoría de Ana Varela): «Os versos de Lois Pereiro resoaron onte en Monforte, na boca de Xosé Luís Méndez Ferrín, coa súa brutalidade rebelde no punto culminante do Día das [...]

O necesario vento dun poeta de culto é o título que encabeza o suplemento especial que o Xornal de Galicia dedida á figura de Lois, publicado o domingo 15 de maio. Deixamos aquí a ligazón ao ARTIGO COMPLETO en .pdf, e tamén as ligazóns ás diferentes partes que o forman (a foto da dereita [...]

Entrevista de Iago Martínez a Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, incluída no Suplemento das Letras Galegas dedicado a Lois no Xornal de Galicia (a foto é a que acompaña á entrevista, e está asinada por A. Lorenzo): «Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro coñecéronse polo acento na primeira asemblea á que os convocaron [...]

Iago Martínez: «Pereiro foi un dos poucos escritores que quixo ser verdadeiramente libre»

«(…) O xornalista Iago Martínez inaugurou o ciclo Escrita(s) cunha charla que, baixo o título Modestísima proposición para ler politicamente a Lois Pereiro, analizaba a dimensión do pensamento político do poeta monfortino. «Lois Pereiro é un deses poucos escritores que quixeron ser verdadeiramente libres. Pertence, talvez máis por omisión que por acción, á [...]

Graffiti en Vigo nunha foto de S. Daponte publicada en Xornal de Galicia.

Lois Pereiro protagoniza o Día Mundial da Poesía na comunidade galega

“Unha ollada de luz no vento Lois Pereiro”. Así definiron o Consello da Cultura Galega e o PEN Club de Galicia, as entidades organizadoras, o acto co que festexaron onte pola tarde na Cidade da Cultura o Día Mundial da Poesía. Un recital con especial protagonismo para o autor de [...]

Olark Livehelp